6 Xuño 2018, 12:00

http://istoenormal.org/images/647.jpg

A Mostra. Exposición de Alberto Oro Claro en Ferrol

O mércores 6 de xuño inaugúrase a exposición A mostra , de Alberto Oro Claro, no salón de actos do Campus de Esteiro, en Ferrol.

O escultor, médico de formación, é profesor na Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física da Universidade da Coruña. As súas obras, baseadas en obxectos comúns, móvense entre o surrealismo e a arte conceptual, con xogos entre o evidente e a provocación. Parte de obxectos adquiridos en distintos países, que transforma para que nada sexa o que parece.

A exposición é unha mostra da súa extensa obra, que poderemos contemplar en NORMAL como parte da nosa próxima programación, e poderá ser visitada no Campus de Esteiro do día 3 ao 29 de xuño.