16 Febreiro 2017, 19:30

http://istoenormal.org/images/587.jpg

Cousas do Kulechov. Proxección e coloquio coa directora

Desde a Barraca Verde propóñennos Itinerarios de cultura sostible (cinema, arquitectura ou fotografía entre outros) co obxectivo de desenvolver estratexias e experiencias de reflexión e de dinamización en espazos educativos, sociais e culturais, no marco dun debate imprescindible a día de hoxe: o da sostibilidade. O termo “sostible” vai moito mais alá do simplemente ecolóxico.

Na amplitude deste concepto, presentamos cinco pezas documentais de Susana Rey repartidas en tres itinerarios

ITINERARIO 1

COUSAS DO KULECHOV (21’. Falso documental), 2007

Presentación da obra e charla posterior coa directora Susana Rey.

Curtametraxe experimental na que Susana Rey traballa coa elasticidade da montaxe buscando unha reflexión sobre a fraxilidade e a veracidade do que percibimos polos sentidos . A curtametraxe presenta un suposto conflito bélico onde un exército ataca as costas galegas. Desa idea xurde un falso documental no que as bateas vólvense frota de guerra nun entorno de asalto ás praias, de mariscadoras, petardos e foguetes de festa.

Premio Mestre Mateo á mellor obra experimental ou interactiva, Academia Galega do Audiovisual, Compostela, 2008
Premio á mellor curta experimental, Riviera Maya Underground Film Festival, México, 2008
Mellor curta galega en Curtocircuíto, Santiago de Compostela, 2007
Mención de honra na XXXIV Jornada Internacional de Cinema da Bahía, Brasil, 2007
Segundo premio á mellor curta documental, Festival Internacional Curt Doc, Vidreres, Girona, 2008
Premio do público ON & OFF, Festival Creativo de Curtas, Ribadeo, 2007
Premio Galicia á mellor curtametraxe galega en lingua galega, XXXV Certame Audiovisual Internacional Liceo Casino, Vilagarcía, 2007

Guión, dirección, fotografía e edición: Susana Rey
Axudante de produción e fotografía: Xurxo Estévez
Narradores: Anxo Quintela e Graham Standing
Son, mesturas e masterización: Oto Servicios de Audio
Deseño 3D de cabeceira: Manuel Lareo