27 Abril 2019, 16:30

http://istoenormal.org/images/710.jpg

CI INTRO: ESCOITA, APERTURA E SENSIBILIDADE CORPORAL

Seguindo co ciclo de obradoiros prácticos e jam sessions de contacto improvisación (CI), comunicamos que está aberto o prazo de preinscrición para este obradoiro, que será de balde, que non precisa experiencia previa e para o que haberá que inscribirse no enderezo electrónico: cultura.coruna@udc.gal enviando nome completo e DNI das persoas interesadas.

Profesora: Eva Alonso, intérprete e bailarina de danza contemporánea nas compañías Jesús Rubio Gamo e Tercer Piso Danza, en Madrid, e na compañía Ana Rando, en Málaga. Docente da pedagoxía Danza a Favor

Obxectivo: Aumentar a sensibilidade e conciencia corporal; favorecer a escoita do noso corpo e o dos compañeiros ecompañeiras; explorar a danza dende unha apertura corporal que descubra diferentes puntos de contacto, esvaramentos e rotacións; permitir a aparición dun corpo dispoñible que vaia co fluxo do movemento.

Contidos:

– Traballo introspectivo, de atención ao corpo interno e de toma de conciencia do corpo físico. Recoñecer e aumentar a sensibilidade e a escoita dende diferentes lugares: pel, músculo, óso e articulación (e a respiración)

– Exercicios para conseguir un corpo dispoñible, curioso, sensible aos estímulos. A manipulación de condución. Permitirse ir co fluxo de movemento

- Exploración de diferentes puntos de contacto. Xeración de movemento dende os puntos de contacto en continua evolución. Exploración de apoios e soportes dende diferentes puntos (pesos-contrapesos). Explorar os puntos de contacto dende o esvarar, rodar, compartir peso.

- Bailar dende o respecto, a escoita e a comunicación do teu corpo e o do compañeiro ou compañeira, sen xerarquías. Bailar dende a non tensión e o pracer.

Datas: sábado 27 de abril de 2019.
Horario: a partir das 16:30 horas.
Lugar: Aula de danza en Normal, Paseo Ronda, 47, 15011 A Coruña. https://goo.gl/maps/js8jxFcX7e52

Pre-inscrición: Enviando nome completo e número de DNI/pasaporte ao enderezo electrónico: cultura.coruna@udc.gal (prazas limitadas)
Prezo: De balde
Requisitos: Ningún, non é preciso ter experiencia previa.
Apoia: Universidade da Coruña, Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria
Organiza: https://www.facebook.com/groups/Contact.Coruna
Co-organiza: NORMAL