5 Abril 2017, 20:30

http://istoenormal.org/images/604.jpg

Clásicos MAX MIX

AULA DE DANZA DA UDC
NORMAL. ESPAZO DE INTERVENCIÓN CULTURAL

CLÁSICOS MAX MIX recolle catro dos máis famosos ballets clásicos: O Lago dos Cisnes, O Quebranoces, Romeo e Xulieta e A Consagración da Primavera.

Estas pezas son recollidas coa particular visión da Aula de Danza Normal UDC. Desde unha linguaxe contemporánea do movemento e da danza, constrúen unha peza resumo das máis destacadas escenas clásicas. Veredes unha particular entrada dos cisnes que se manifestan como unha protesta cidadá, un fragmento do Quebranoces danzado no chan, unha batalla de barrio disputada entre os Capuleto e os Montesco e unha festa que celebra a primavera desde o éxtase continuo, sen deixar de bailar nin por un momento.

INTÉRPRETES
Eva Fórneas
Lorena Carballido
Fernando Bruna
Zeltia Martínez
Natalia Fraga

FICHA TÉCNICA
Dirección: Rut Balbís
Creación colectiva

Previamente á actuación, haberá unha intervención do grupo Danza 2 de Normal