9 Xuño 2016, 08:25

http://istoenormal.org/images/571.jpg

Clausura de 'O ollo da Arte'

O pasado luns tivo lugar a xornada de clausura do obradoiro O ollo da Arte, que imparte Antía Otero ao longo de todo o curso lectivo.

Na derradeira sesión do ano, o alumnado compartiu a súa experiencia artística con persoas vencelladas ao desenvolvemento da actividade nos últimos meses.

O ollo da Arte forma parte da oferta estable de obradoiros de NORMAL. Cunha longa traxectoria, é un laboratorio de creación e experimentación que está pensado para que o alumnado aprenda facendo e explore a súa faceta artística.