20 Xuño 2018, 18:00

http://istoenormal.org/images/650.png

Concerto aberto ao público por parte dos alumnos de ritmo e percusión

Despois de trinta horas de exploración, experimentación e diversión rítmica, o obradoiro de ritmo e percusión presenta ao público a síntese do traballo feito. Utilizaremos o noso propio corpo para atopar sons e patróns, dándolle unha nova vida a obxectos cotiáns e empregando tamén outros elementos de percusión para ofrecer un pequeno concerto con ritmo, enerxía e improvisación dabondo.

Marcel Pascual, profesor do obradoiro, centra actualmente a súa actividade artística como músico e compositor en varios proxectos como Marcel Pascual Quartet/Group, Ekilatrio, Viborg Trío e Marés. Ao longo da súa carreira colaborou e participou en agrupacións como a Orquestra Simfònica del Vallès, a Orquestra Nacional Clàssica d’Andorra, BCN 2016, Octo Percussion Quartet, o grupo de salsa Bloque 53, os grupos de jazz Ibertet, Gio Yáñez, Zagorro, Eduard Iniesta Quintet. Tamén ten participado en diversas producións discográficas.

Datas: 20 de xuño
Horario: a partir das 18.00 horas.
Lugar: CUBO de NORMAL.