31 Outubro 2018, 19:30

http://istoenormal.org/images/668.png

Conversas coa dirección. Alba Sánchez / Juan Pirola / Miguel García / Pedro Iglesias

Camilo: O último guerrilleiro de Galicia

Camilo de Dios naceu en Sandiás en 1932 e é, a día de hoxe, o derradeiro guerrilleiro vivo de Galicia. A súa nai actuaba de enlace na resistencia antifranquista despois da sublevación de 1936, actividade que comezaría Camilo aos 13 anos. En 1948 fuxiría ao monte, uníndose á loita contra o réxime na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.

Ferido e capturado no ano 1949, Camilo foi condenado a morte nun consello de guerra celebrado na Coruña, pero ao ser menor de idade e por mor das presións internacionais, as autoridades remataron por conmutar a súa pena por 30 anos de cadea. A partires de aí, a vida de Camilo converteuse nun paso polos cárceres españois, sendo no Dueso onde pasou a maior parte da condena ata ser liberado en 1959. Nos anos sesenta participaría na organización das Comisións Campesiñas na Limia e na reorganización do Partido Comunista de Galicia (PCG) en Ourense, ata que foi detido de novo en 1971, acusado de propaganda ilegal.

Actualmente, Camilo non renunciou a todo aquilo polo que deu a súa vida e, despois de máis de 60 anos do asasinato do seu irmán, Perfecto de Dios, o guerrilleiro conseguiu vencer outra batalla máis e puido exhumar os seus restos en Chaherrero (Crespos, Ávila) e trasladalos a Sandiás.

Loitador da memoria e historia viva, Camilo é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma el, arriscárono todo pola xustiza e a liberdade.

Ficha técnica:

Ano: 2016

Duración: 80 min.

Produción: Alba Sánchez Botana

Guión: Miguel García Valdeón

Dirección de fotografía: Juan Pirola Lorenzo

Deseño web e gráfico: Pedro Iglesias Fernández

Xénero: Documental

Entrevistas:

Luis González “Ferreiro” – Militante antifranquista

Carmen García-Rodeja – Historiadora (ARMH)

Bernardo Máiz – Historiador especializado na guerrilla

Alejandro Rodríguez – Historiador (ARMH)

Manolo Peña-Rey – Presidente do Partido Comunista de Galicia

Xesús Alonso-Montero – Presidente da Real Academia Galega

Carlos Barros – Historiador e represaliado polo franquismo

Jesús Martínez – Alcalde de Crespos (Ávila)

René Pacheco – Arqueólogo (ARMH)

Datas: 31 de outubro de 2018.
Horario: 19:30 horas.
Lugar: CUBO de NORMAL.

Camilo: o último guerrilleiro de Galicia, producido desde a UDC por Alba Sánchez, Juan Pirola, Miguel García e Pedro Iglesias, como traballo de fin de grao de Comunicación Audiovisual.