20 Marzo 2019, 19:30

http://istoenormal.org/images/691.jpg

Conversas coa dirección: Arte + Muller +Galicia. Con Rosario Sarmiento

Un achegamento ao traballo daquelas mulleres artistas cuxa obra resulta fundamental para entender o desenvolvemento da historia da arte contemporánea en Galicia. A través das biografías, as obras e fundamentalmente os testemuños destas artistas pertencentes a diferentes xeracións e ámbitos creativos.

Arte + Muller + Galicia debuxa un amplo e plural escenario de reflexión, sobre as circunstancias que rodearon a súa carreira como creadoras. O documental divídese en dúas partes: a primeira é un percorrido histórico, na segunda toman a palabra dez creadoras que participaron en Mulleres do silencio no MARCO de Vigo

Datos técnicos

Formato: documental
Dirección: Rosario Sarmiento
Idioma: Galego
Duración: 45 minutos
Ano: 2018

1º premiio Luisa Villalta de proxectos culturais pola igualdade. Deputación da Coruña

A entrada é de balde