18 Setembro 2018, 20:00

http://istoenormal.org/images/660.jpg

Conversas coa dirección: Manuel Lógar

A Área de Cultura da Universidade da Coruña continúa no mes de setembro, o día 18 ás 20 horas, co ciclo de cine Conversas coa dirección, un proxecto de cita mensual que nace co fin de achegar ao público á obra fílmica dos/as distintos/as realizadores/as de cine e documentais convidados/as. Ofrécese, ademais, a posibilidade de conversar con eles/as no coloquio posterior á proxección dos seus traballos.

Nesta sesión visitaranos o director Manuel Lógar, nacido na Coruña no ano 1993, que cursou os estudios cinematográficos na ESCAC, Barcelona. Interesado pola dirección e a montaxe, especialízase na rama documental, e inspirado pola forza da natureza e o poder da realidade no cine, roda a súa ópera prima, Entre a onda e a rocha , como proxecto final de grao. Actualmente, traballa na súa próxima longametraxe, ademais da preparación dun novo festival de cine na Coruña. O Cormorán Film Fest.

Entre a onda e a rocha

Sinopse:

Cando foi a última vez que sentiches o mar? A súa forza, a súa inmensidade…
Entre a onda e a rocha conta a historia dun grupo de persoas que aínda senten o mar desde a forma máis pura e directa, desde as súas vidas.
A partir de seguir as vidas de varios percebeiros e percebeiras muxiáns na tempada do Nadal, Entre a onda e a rocha indaga na relación entre o home e o mar, o home e o seu entorno. Unha fábula medio ambiental, un retrato do rural galego, onde anos despois do desastre do Prestige, este grupo de persoas viven en constante adaptación ao perigo, tanto económico como vital.

Un documental nacido como reflexión do estado da nosa sociedade. Porque comezando pola súa realidade, quizais poidamos entender o noso.