20 Febreiro 2019, 19:30

http://istoenormal.org/images/692.jpg

Conversas coa dirección: Triloxía do perdedor, con Sepi Bazarra

Pódese chamar Triloxía do Perdedor a estas curtas políticamente incorrectas, que son o resultado dos primeiros traballos da produtora DangaDanga. O protagonista ten unha sociopatía brutal e unha visión cáustica da vida. Son un retrato sociolóxico dos comezos do século XXI, nihilista e sazonado con apuntamentos acedos.

Estas proxeccións poden considerarse como o particular #tenyearschallenge desta retrospectiva do director. O que hai dez anos simplemente era políticamente incorrecto, hogano…

Datos técnicos

Formato: curtametraxes
Xénero: comedia
Berberecho (2001): 12’
Los reyes del columpio (2004-2009): 19’
Berberecho II (2009): 19’
Dirección: Xosé Manuel Bazarra “Sepi”
Produción: DangaDanga

A entrada é de balde