24 Abril 2019, 19:30

http://istoenormal.org/images/711.jpg

Conversas coa dirección: Xurxo Lobato. Hermanos Mayo, Guerra Civil Española

O documental é un relato da Guerra Civil da axencia de fotoperiodismo Hermanos Mayo, formada polos irmáns coruñeses Julio, Cándido e Paco Souza e os casteláns Faustino e Pablo del Castillo, que traballaron para xornais de esquerdas e que tiveron que exiliarse en México.

A conversa co único supervivente, Julio, é ao tempo un acto de fe notarial como reporteiros a través de centos de fotografías, un acto de memoria histórica en homenaxe aos fotógrafos na fronte e unha viaxe cinematográfica que reproduce o que estaba a acontecer na fronte, nas cidades, nas vilas nas aldeas…

Datas: mércores 24 de abril de 2019.
Horario: desde as 19:30 horas.
Lugar: Lugar: Cubo de Normal

Tamén haberá unha proxección en Ferrol

Datas: martes 23 de abril de 2019.
Horario: desde as 19:00 horas.
Lugar: Lugar: Sala 1 do Centro Cultural Universitario

Formato: documental/curtametraxe
Dirección: Rosario Sarmiento
Idioma: castelán
Duración: 30 minutos
País da produción: Galicia
Ano: 2008

A entrada é de balde.