10 Setembro 2018, 09:00

http://istoenormal.org/images/658.jpg

CONVOCATORIA DE MATRÍCULA DOS OBRADOIROS DO PRIMEIRO CUADRIMESTRE DO CURSO 2018-19

Información sobre a matrícula:

O prazo de matrícula comezará o día 10 de setembro de 2018 e rematará o 28 de setembro de 2018, ambos inclusive. A matrícula farase en liña.

A Área de Cultura resérvase o dereito de suspender algún curso se a ocupación mínima non chegar a cinco persoas.

Información de matrícula

As persoas que sexan novas usuarias terán que facer o proceso de rexistro, para o que terán que premer en “autenticacion NON universitarios e familiares” e escoller a opción “rexistro”. Logo de completaren o formulario, recibirán no seu enderezo electrónico os datos necesarios para se matricularen.

Os prezos dos obradoiros serán os seguintes:

Cursos cuadrimestrais

  • 35 € para estudantes da UDC (30 € en segunda matrícula)
  • 55 € para membros da comunidade universitaria da UDC (50 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre
  • 40 €  para persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %. (35 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
  • 65 € para o público xeral (60 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)

Restauración de mobles:

  • 70 € para estudantes da UDC (60 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
  • 90 € para membros do resto da comunidade universitaria da UDC (80 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
  • 75 €  para persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %. (55 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)
  • 150 € para o público xeral (140 € coa segunda matrícula no mesmo cuadrimestre)

Creación de marca: