3 Xullo 2018, 20:00

Carlos A. Quirós. Ciclo "Conversas coa dirección"
audiovisual curtasSeguindo co ciclo “Conversas coa dirección” que quere achegar ao público persoalmente a obra fílmica das persoas invitadas e ofrecer a posibilidade de conversar cos seus directores ou directoras, presentaremos dúas pezas documentais. Unha recentemente producida e en distribución en festivais: Mbook. O libro mecánico de Ángela Ruiz Robles. E outra, unha brevísima peza dispoñible en pago por visión na plataforma Feelmakers que resultou gañadora no festival de Vídeo-Poesía “Versi di Luce” en Italia e tivo un percorrido por máis de 20 festivais de todo o mundo.
FERROL MOLA
Sinopse:
Na aburrida cidade de Ferrol, o graffiti dun divertido moneco amarelo adorna as deterioradas fachadas das súas rúas máis decadentes. O coñecido moneco, que sempre semella estar de bo xorne, acompaña unha curiosa mensaxe de gran optimismo: Ferrol Mola
MBOOK. O LIBRO MECÁNICO DE ÁNGELA RUIZ ROBLES
Sinopse:
A ferrolá Ángela Ruiz Robles patentou na metade do século XX un libro mecánico coa finalidade de alixeirar o peso das mochilas que os nenos e nenas levaban á escola. Dona Angelita anticipou a chegada dos dispositivos dixitais, porén, o seu principal obxectivo non foi acadado en absoluto.
Datas: | 3 de xullo de 2018. |
Horario: | de 20:00 a 21:00 horas. |
Lugar: | CUBO de NORMAL. |