17 Febreiro 2017, 20:00

http://istoenormal.org/images/588.jpg

Encontro con Els Joglars na sala Cubo

Aproveitando a súa xira para representar Zenit. La realidad a su medida, que inclúe unha actuación na Coruña, a compañía Els Joglars manterá un encontro aberto ao público.

Os actores e actrices da compañía catalana ofrecerán unha charla arredor da súa dilatada traxectoria nas táboas, nun acto con entrada libre até completar a capacidade da sala.

Els Joglars actuarán no Teatro Colón da Coruña o domingo 19 de febreiro ás 20:30 horas. Con Zénit pretenden, a través da sátira, reflexionar sobre a responsabilidade, tanto dos medios como de quen os consume, na deriva que leva tomado certo periodismo, lembrando que o periodismo é un oficio imprescindible para a democracia.

A dramaturxia é obra de Ramon Fontserè e Martina Cabanas, e os actores e actrices son: Ramón Fontserè, Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Xevi Vilà, Julián Ortega e Juan Pablo Mazorra.