13 Marzo 2019, 16:00

http://istoenormal.org/images/702.jpg

Finanzas para mortais. 13 e 14 de marzo en Normal

O Consello Social da Universidade da Coruña organiza os próximos 13 e 14 de marzo no edificio NORMAL, Espazo de Intervención Cultural da UDC, as xornadas formativas Finanzas para Mortais, un proxecto de educación financeira impulsado por Santander Universidades, a Fundación da Universidade de Cantabria para o Estudo e a Investigación do Sector Financeiro (UCEIF) e o Santander Financial Institute (SANFI).

Co obxectivo de achegar ao alumnado a importancia e significado das finanzas e a economía no día a día (de que se fala nas noticias ou na política, que información conleva a solicitude dun crédito ou de que depende unha hipoteca).

Este encontro formativo contará coa participación do reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso; o presidente do Consello Social da UDC, Antonio Abril Abadín; a directora territorial de Galicia de Banco Santander, Rosario García Alonso; o director xeral da Fundación UCEIF, Francisco Javier Martínez García; e a subdirectora de SANFI e directora de Finanzas para Mortais, María Begoña Torre Olmo.

Máis información