20 Agosto 2018, 11:46

http://istoenormal.org/images/657.png

I Xornadas de didáctica das artes na Galicia de hoxe: crear para ensinar. 5 e 6 de setembro

As artistas e os artistas do mañá son o alumnado que temos hoxe nas aulas. O profesorado galego ten por diante o apaixonante reto de introducir no universo creativo ás novas xeracións, de facelas competentes na capacidade de expresar de forma xenuína, orixinal e particular as súas emocións, de coñecer o mundo a través da mirada da arte e da cultura.

Estas xornadas, dirixidas ao profesorado de todos os niveis educativos baixo o lema: Crear para ensinar abordan a didáctica das artes desde múltiples ópticas, tanto da perspectiva do que ensina mais tamén do que aprende. Haberá a oportunidade de achegarse ás obras de arte e de aprender a comunicarse a través das linguaxes musical, plástica ou visual. A ser creativa ou creativo tamén se aprende, como se aprende a comprender e a gozar das manifestacións artísticas.

En definitiva, trátase dun encontro entre profesoras e profesores creativos que buscan mostrar e aprender novas concepcións, como renovar a práctica e innovar nas aulas.

Programa

Mércores 5

9.30 Sesión de inauguración: Real Academia + Vicerreitores das universidades + Deputación + Directores de conservatorios + Director do curso
10.00 Conferencia: Habitar o común. Artivismo e transformación da vida a través das artes
José María Mesías Lema
11.30 Mesa redonda: Belas artes e inclusión socio-educativa Coordinada por Roberto Suárez Brandariz. Participantes: Isabel Pérez Viñuela, Lydia Botana, Ruth Alonso Jartín, Silvia García González
13.00 Conferencia: Playgrounds. Fernando Agrasar Quiroga. Sandra González
16.00 Actividades simultáneas: Taller 1 Música e percusión Juan Salvador López Outeiral
Taller 2 Lugares do común, a cidade compartida Estela Freire Pérez
Mesa redonda. Exposición de proxectos. Coordinada por Carol Jean Gillanders
As escolas municipais de música, axentes educativos ao servizo de cidades educadoras Sara Domínguez Lloria
A investigación pedagóxico-musical no Conservatorio Superior de A Coruña desde o ano 2006 Matilde Rubio
Proxecto ApS na aula hospitalaria do Hospital Clínico de Santiago. Cecilia Portela
Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela. Mario Diz
17.30 Actividades simultáneas: Taller 3 Debuxando a música Sara Domínguez Lloria
Taller 4 Voluminary Ana María Vidal Ruíz de Velasco
19.00 Actuacións musicais: Nenos/as con alteracións do desenvolvemento. Paraninfo da Reitoría da UDC. Aurelio Chao Fernández

Xoves 6

10.00 Conferencia: A ensinanza da música na educación infantil e primaria Rocío Chao González
11.30 Mesa redonda: Belas artes e educación artística no sistema educativo. Coordinada por Aurelio Chao Fernández. Participantes: Ángeles Abelleira Bardanca. Carolina Pérez Vázquez. Cristina Díaz Baamonde. Esperanza Iglesias Méndez
13.00 Mesa redonda: Título sen concretar. Coordinada por Carmen Franco. Música educación e cerebro: Juan Salvador López Outeiral. Experiencia e creación artística como paradigmas de investigación. Isabel Romero Tabeayo. Que hai detrás do material didáctico dixital? As propostas dixitais no ámbito escolar. Rosi Vicente Álvarez
16.00 Actividades simultáneas: Taller 5. Xogos Danza e Música. Matilde Rubio. Taller 6 Creación dun espazo habitable. Constrúe o teu propio lugar para ser habitado Ana María Ruíz de Velasco. Mesa redonda exposición de proxectos coordinada por Carol Jean Gillanders Educación musical e aprendizaxe servicio: Talleres de iniciación musical no LSC do rural. Carol Gillanders. Intervención nun espazo urbano. Taller aberto, arquitectura e belas artes. Creando orquestra: OFICP e XOFCP. Sergio Heredia Cegarra e Judith Rey Iglesias
17.30 Actividades simultáneas: Taller 7. Experiencias de educación somática. José Candisano Mera. Taller 8 Plástica e discapacidade. Laura Álvarez Conde
19.00 Actuación musical. Concerto de voz e piano: Salón de actos do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Aurelio Chao Fernández. Esperanza Iglesias Méndez

Información xeral:
Matrícula até completar 100 prazas en cultura.coruna@udc.es
Presentación do póster coas súas experiencias até o día 3 de setembro.
Os póster deben ser de tamaño A1 e deben entregalos impresos o día 5 para colgalos nunha das salas expositivas.
Esta actividade está recoñecida como actividade de formación permanente do profesorado en Galicia.

Organizan:

Real Academia Galega de Belas Artes
Conservatorio Superior de Música da Coruña
Conservatorio Superior de Música de Vigo
Universidade da Coruña
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade de Vigo

Dirixe
Roberto Suárez Brandariz (Universidade da Coruña)

Participantes:
Conservatorio Superior de Música da Coruña
Carolina Pérez Vázquez (profesora de canto)
Isabel Romero Tabeayo (profesora de piano e profesora de didáctica da expresión musical na USC)
Matilde Rubio (profesora do departamento de pedagoxía musical)
Ruth Alonso Jartín (profesora do departamento de conxunto)

Conservatorio Superior de Música de Vigo
José Candisano Mera (Xefe do departamento de piano)

Universidade da Coruña
Aurelio Chao Fernández (Profesor de didáctica da expresión musical)
Fernando Agrasar Quiroga (Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura)
José María Mesías Lema (Profesor de didáctica da expresión artística)
Roberto Suárez Brandariz (Profesor de didáctica da expresión artística)
Rocío Chao Fernández (Profesora de didáctica da expresión musical)

Universidade de Santiago de Compostela
Ana María Vidal Ruiz de Velasco (Investigadora do grupo: Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas)
Carmen Franco Vázquez: (Profesora de didáctica da expresión artística)
Carol Jean Gillanders (Profesora de didáctica da expresión musical)
Cecilia Portela López (Profesora de didáctica da expresión musical)
Estela Freire Pérez (Profesora de didáctica da expresión artística)
José Candisano Mera (Profesor de didáctica da expresión musical)
Juan Salvador López Outeiral (Profesor de didáctica da expresión musical)
Mario Diz (Director da Orquestra da USC)
Sara Domínguez Lloria (Profesora de didáctica da expresión musical)

Universidade de Vigo
Rosi Vicente Álvarez (Profesora de didáctica da expresión musical)
Silvia García González (Directora da Facultade de Belas Artes)

Profesorado do Sistema Educativo de Galicia
Cristina Díaz Baamonde (Profesora do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño, Abadín)
Esperanza Iglesias Méndez (Soprano e profesora do IES Río Miño, Rábade)
Isabel Pérez Viñuela (Profesora do IES Rafael Dieste, A Coruña)

Outros profesionais
Ángeles Abelleira Bardanca (co-creadora do blog CreARTE)
Judith Rey Iglesias (Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra)
Laura Álvarez Conde (Terapeuta e artista plástica)
Lidia Botana (Cantante)
Sandra González. Proxecto A vila de mañá
Sergio Heredia Cegarra (XOFCP)