20 Outubro 2018, 18:30

http://istoenormal.org/images/665.jpg

III Jornadas de Música e Movimento Partilhado. Braga e Guimarães 20/21 outubro 2018

O MMP (Música e Movemento Partillados/Música e Movimento Partilhados) celebrarase este ano coa Universidade do Minho como anfitrioa, nas cidades de Braga e Guimarães, nos días 20 e 21 de outubro.

Esta é a terceira edición do evento, que xa acolleu a cidade de Vila Real e Santiago de Compostela, coas universidades de Trás-os-Montes e Alto Douro e Santiago como anfitrioas. A representación da UDC neste evento ven da man da Aula de Danza coa peza: VERBENA FINAL. 10 anos de grandes hits

Na peza, a Aula de Danza da UDC fará unha revisión das trece pezas feitas ata o momento.

Animais e os seus comportamentos, as novas tecnoloxías, as relacións persoais, individuais e como colectivo dentro da nosa sociedade actual, son as principais fontes de inspiración para as nosas pezas.

DIRECCIÓN_ Rut Balbis

BAILAN_Verónica Moar, Fernando Bruna, Eva Fórneas, Zeltia Martínez, Elías Álvarez e Elena Sánchez