28 Xuño 2018, 19:00

http://istoenormal.org/images/654.png

Ladies, Wine & Design. Encontro de networking

Ladies, Wine & Design foi creada pola prestixiosa publicista Jessica Walsh en Nova York como unha iniciativa que buscaba reunir mulleres do mundo da creatividade (deseñadoras gráficas, ilustradoras, fotógrafas…) para dar voz aos seus problemas e buscar solucións. Unha conversa informal en maridaxe co viño foi o xermolo. Actualmente, Ladies, Wine & Design é xa un concepto desenvolvido en máis de cento oitenta cidades de cincuenta países.

Ladies, Wine & Design, o evento internacional que dá voz ás mulleres creativas da Coruña.

Colleranos a inspiración traballando? ou hai que saír a buscala polas orellas? Neste encontro de Ladies, Wine & Design vaise falar dos procesos de traballo e de como atopármonos coas musas.

Noemí Cubillo coordina, xunto con Lidia Bao (directora de márketing en publicidade) e Antía Paz (periodista especializada en comunicación en liña) encontros de networking entre mulleres de profesións creativas como parte dunha iniciativa que foi espallándose a nivel mundial. Ladies, Wine & Design dá nome a esta iniciativa na que as asistentes intercambian as súas experiencias profesionais dentro do mundo da creatividade.

Datas: 28 de xuño de 2018.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas.
Lugar: CUBO de NORMAL.