21 Novembro 2018, 17:00

http://istoenormal.org/images/671.jpg

Libertas. Xornadas pola liberdade de expresión e os Dereitos Humanos. 20-27 novembro 2018

A liberdade, pese a ser sublime, é fráxil, pero non é unha estirpe aristocrática, é un patrimonio común. É un dereito, non unha mercé. Non se mendiga, perténcenos.
Olegario Sampedro

Matrícula:

De balde, aberta a toda persoa interesada.

Podédesvos inscribir en todos ou nalgún dos obradoiros, e até o día anterior ao seu inicio, enviando un correo a normal.cormunicacion@udc.es. No correo indicaranse: nome e apelidos, DNI e obradoiros elixidos.

Programa

Martes 20

17.00 a 20.00 Intersexualidade e identidade trans Óscar Rodríguez-Patricia Freire-Carlos E. Mella. Asociación A.L.A.S. A Coruña

Mércores 21

17.00 a 20.00 E ti, sénteste censurada/o? A represión nas artes cinematográficas e musicais contemporáneas Olegario Sampedro. IMER

Luns 26

17.00 a 20.00: As miñas ideas poden matarme: literatura e liberdade de expresión Xabier Castro. PEN-Galicia

Martes 27

17.00 a 20.00: Eu tamén son machista. Como educar na igualdade Ana Álvarez-Pura Prado. IMER

Xoves 29

17.00 a 19.00: Visita didáctica á exposición Olegario Sampedro. IMER

Os certificados de asistencia están recoñecidos pola Área de Cultura e a Oficina de Cooperación e Voluntariado.
Por ser unha actividade formativa da UDC, recoñécese como actividade permanente de profesorado en Galicia (Orde de 14 de maio de 2013)

Máis información:

Teléfono 881 014 514
www.istoenormal.org |www.udc.es/cultura
www.udc.es/gl/ocv
normal@udc.es