10 Marzo 2019, 11:00

http://istoenormal.org/images/696.jpg
San Pedro de Visma. Procesión da Virxe do Carme. Autor: José Calviño Saleta

Nova edición de Universo Coruñento, con Xurxo Souto

Para descubrir unha Coruña que descoñecías e que che sorprenderá, Normal volve a programar da man de Xurxo Souto catro novas rutas pola cidade que serán de balde e que acollerán a un máximo de 25 persoas cada unha. Hai 25 prazas dispoñibles para cada unha das rutas. que se efectuarán entre o 10 de febreiro e o 12 de maio, e poderás inscribirte escribindo ao enderezo electrónico: normal.comunicacion@udc.es indicando nome e apelidos, ruta escollida e un teléfono de contacto.

A cidade é un libro que se le camiñando (Agustín Fernández Paz)

As rutas programadas son as seguintes:

Domingo 10 de febreiro: Monte Alto profundo Saída: Campo da Leña, ás 11 horas

Domingo 10 de marzo: O outro mar da Coruña Saída: Igrexa de San Pedro de Visma, ás 11 horas

Domingo 7 de abril: As mulleres do muro. Saída: explanada do Parrote, ás 11 horas

Domingo 12 de maio: Por fin Eirís. Saída: do Parque de Santa Margarita, ás 11 horas