4 Maio 2019, 16:30

http://istoenormal.org/images/718.jpg

OBRADOIRO-JAM SESSION DE CONTACT IMPROVISATION

ABERTO O PERIODO DE INSCRICIÓN PARA O EVENTO DO 4 DE MAIO (prazas limitadas)

Profesora: Cristiane Boullosa, coreógrafa, bailarina e pedagoga. Leva trinta anos impartindo clases regulares en escolas privadas, conservatorios, universidades e festivais ao longo do territorio español ademais de Brasil, Marrocos, Suecia, Panamá, Colombia, Alemaña ou Portugal. Dirixe o proxecto escénico Omos Uno e dende o 2013 o proxecto pedagóxico EspacioFCI Madrid, no que ademais de aulas regulares se ofrece formación en Contact Improvisación.

Obxectivo: Recoñecer, explorar e potenciar o fluxo de movemento (flow).

Contidos: – Continuidade no fluxo individual e compartido. – Activación do centro de gravidade para a liberación do fluxo de movemento. – O fluxo de movemento en pequenas caídas e suspensións. – A través da liberación do fluxo persoal e compartido, matizar o principio de non-xerarquía na práctica do CI.

Pre-inscrición: Escribir ao enderezo electrónico cultura.coruna@udc.es indicando nome completo e número de DNI/pasaporte (prazas limitadas)

Datas: sábado 4 de maio de 2019.
Horario: de 16.30 a 20 horas (peche de portas ás 16.45h).
Lugar: Lugar: Aula de danza en Normal, A Coruña
Localización: https://goo.gl/maps/js8jxFcX7e52

Prezo: De balde
Requisitos: Ningún, non é necesario ter experiencia previa
Apoia: Universidade da Coruña, Vicerreitorado de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria
Organiza: https://www.facebook.com/groups/Contact.Coruna
Co-organiza: NORMAL