21 Setembro 2016, 10:43

http://istoenormal.org/images/576.jpg

Obradoiros do primeiro cuadrimestre

Ábrese o prazo de inscrición nos obradoiros do primeiro cuadrimestre, que inclúen cursos de Arte, Fotografía, Teatro, Danza Contemporánea e experimentación musical.

As actividades comezan en outubro e estenderanse durante todo o primeiro cuadrimestre do actual curso lectivo. Todas as persoas interesadas poderán efectuar a matrícula en liña entre o 19 e o 30 de setembro.

A oferta inclúe os seguintes cursos:

Comprender a imaxe
Curso de iniciación á fotografía que pretende achegar o alumnado ao feito fotográfico, vendo a súa relación coas outras artes (cine, pintura, literatura).

Comprender a fotografía
Curso de perfeccionamento da técnica fotográfica no que se aprenderá a manexar diversas cámaras fotográficas, desde unha estenopeica até unha SLR (réflex) dixital.

Danza 1
Curso de iniciación á danza contemporánea impartido por Rut Balbís onde desenvolver os principios básicos da disciplina.

Danza 2
Curso avanzado en danza contemporánea.

O ollo da Arte I
Obradoiro de creación artística onde coñecer, descubrir e compartir a práctica contemporánea, as derivas e os desbordamentos.

Obradoiro de investigación e experimentación en música Drone
Obradoiro de achegamento ao drone como forma de expresión musical.

Interpretación teatral
Curso práctico dirixido especialmente a persoas que se inician na interpretación teatral ou teñen pouca experiencia.

Aula de Teatro NORMAL UDC
Ensaios e funcións dun espectáculo de teatro que representará á UDC en diferentes festivais de teatro universitario.