26 Febreiro 2018, 19:30

http://istoenormal.org/images/629.jpg

OURO PARECE, PRATA NON É. A poética das imaxes e o cinema como instrumento para expresar o mundo dos soños e as emocións.

Unha aproximación ao diálogo das belas artes coas expresións do cinema contemporáneo e a súa tradición no cinema experimental e as vangardas cinematográficas. Para penetrarmos na poética das imaxes e o cinema como instrumento para expresar o mundo dos soños e as emocións, nunha viaxe desde a imaxe pictórica á imaxe cinética como xerador de efectos líricos de fascinación visual e de plasticidade expresiva.

Exploraremos a imaxe en movemento desde unha tradición non-cinematográfica convencional e esa vinculación entre ciencia, arte e tecnoloxía que xera unha atmosfera de rico intercambio, onde o celuloide convértese en lenzo e a separación entre Cinema e Arte ráchase para romper a ilusión de realidade que suxire o propio medio cinematográfico.

Charla ofrecida por Ángel Rueda
Co-director do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña

Data: 26 de febreiro de 2018.
Horario: de 19.30 a 21.30 horas.
Lugar: CUBO de NORMAL.

BÍOÁNGEL RUEDA
Investigador, programador e creador audiovisual. É co-director do (S8) Mostra Internacional de Cinema Periférico da Coruña. Precursor do cinema performativo en Galicia, destacan os seus traballos: Bendita Calle, rodada en Súper 8 e 50 años en el Andamio. É un activo investigador no campo da recuperación e análise do cinema non profesional e as vangardas.

Como programador e comisario desenvolveu proxectos para as principais institucións culturais do país, entre as que destaca, o MUSAC – Museo de Arte Contemporáneo de Castilla y León, La Casa Encendida, o CGAI – Filmoteca de Galicia, a Filmoteca de Cantabria, a Fundación Cidade da Cultura, o Pazo da Cultura de Pontevedra, o MAC – Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa, a Fundación Luís Seoane, o Museo de Belas Artes de A Coruña e NORMAL – Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña.

Ademais, foi xurado nos seguintes festivais internacionais de cinema: CURTAS PT – Festival Internacional de Cine de Vila Do Conde (Portugal) 2014. CURTA OITO – Festival Internacional de Cinema em Super 8 de Curitiba (Brasil) 2014. FCDEP – Festival des cinémas différents et expérimentaux (Francia) 2015. FRONTEIRA – Festival Internacional do Filme Documentario e Experimental de Goiânia (Brasil) 2017. LIMA INDEPENDIENTE – Festival Internacional de Cine (Perú) 2017. Festival Internacional de Cine de Mar del Plata (Argentina) 2017