30 Maio 2018, 19:00

http://istoenormal.org/images/644.png

Presentación do libro de Melissa Cardoza: 13 colores de la resistencia hondureña

A proposta de escritura da autora hondureña Melissa Cardoza, que estará no Cubo de Normal este vindeiro mércores ás 19:00 horas, está vencellada aos procesos políticos de emancipación que en Honduras se veñen articulando a partir do golpe de estado de 2.009

Melissa Cardoza defínese como feminista autónoma e a súa vinculación neste momento con procesos nacionais relaciónanse coa Red Nacional de Defensoras de los Derechos Humanos en Honduras. Poetisa e feminista, o acto encádrase na xira artística-política para dialogar sobre os movementos de emancipación en Honduras.

Colaboran:
Oficina de Igualdade e Xénero – Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social
CEXEF
Acción Rabuda
Plataforma Berta Vive