29 Maio 2019, 17:00

http://istoenormal.org/images/724.png

S(8) Xpresa. Laboratorio cinematográfico de inclusión social. Con Jeannette Muñoz

O obradoiro Todo depende do cristal co que se mire é un obradoiro destinado a nenas, nenos e xóvenes con diversidade funcional. O obradoiro desenvolverase os días 29, 30 e 31 de maio de 17 a 20 horas. Con montaxe o día 1 de xuño en coworking con S8 e con proxección en PALEXCO o día 2 de xuño.

A través desta actividade, co-organizada pola UDC (Normal, OCV e Espazo Compartido) xunto a S(8) Mostra de Cinema Periférico, o festival revalida a súa aposta pola utilización do cine como ferramenta e motor da inclusión social. Nela, os asistentes participarán no proceso de creación de fragmentos cinematográficos colectivos partindo da achega e a suma de ideas individuais, tendo así a posibilidade de descubrir novos xeitos de ollar o mundo. Ademais das sesións de traballo, o taller rematará cunha presentación pública na que os participantes lles amosarán aos asistentes as pezas realizadas durante a actividade, na que se establecerá un diálogo entre os creadores, o público e a creadora chilena Jeannette Muñoz, figura relevante no ámbito do cine experimental e de vangarda.