8 Xullo 2018, 11:00

http://istoenormal.org/images/639.jpg
A ponte dun barco aparcada no medio da avenida de Oza

Universo Coruñento. Rutas pola cidade invisible, con Xurxo Souto

Para descubrir unha Coruña que descoñecías e que che sorprenderá, Normal programa da man de Xurxo Souto tres rutas pola cidade que serán de balde e que acollerán a un máximo de 25 persoas cada unha. As prazas están xa esgotadas.

A cidade é un libro que se le camiñando (Agustín Fernández Paz)

As rutas programadas son as seguintes:

Domingo 27 de maio Tras as pegadas do antigo gremio de mareantes: Mil horas de historia da cidade (invisibles) diante dos nosos ollos. Saída: rúa Pórtico de San Andrés, diante da igrexa castrense, ás 11 horas.

Domingo 10 de xuño Os Castros (I) Onde nace o sol da Coruña. Saída: rúa Río de Monelos, diante da entrada do Fórum Metropolitano ás 11 horas.

Domingo 8 de xullo Agra do Orzán (I) Hong Kong galego. Saída: Praza das Conchiñas ás 11 horas.