4 Xaneiro 2017, 17:30

http://istoenormal.org/images/584.png

Visitas guiadas a 'BDG70 A revolta do cómic galego'

Nesta xornada, NORMAL abre as visitas dinamizadas á exposición BDG70 A revolta do cómic galego a todo tipo de públicos.

Realizaranse dous pases guiados ás 17:30 e ás 19:00 horas, para un mínimo de 8 e un máximo de 20 visitantes por quenda. As persoas interesadas poden enviar as súas solicitudes a info@istoenormal.org indicando hora da reserva, número de asistentes, nome completo e teléfono de contacto.

Todas as visitas son gratuítas.