16 Decembro 2016, 10:00

  • CUBO
http://istoenormal.org/images/583.png

Xornada 'As desigualdades nos usos e repartos de tempos e traballos'

Expertas de recoñecido prestixio no eido dos usos do tempo, os coidados e as políticas públicas de xénero participan nesta xornada organizada polo Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da Universidade da Coruña en colaboración coa Concellería de Igualdade e Diversidade do Concello da Coruña.

PROGRAMA

10:00H INAUGURACIÓN
• Rocío Fraga Sáenz. Concelleira de Igualdade e Diversidade. Concello da Coruña.
• Araceli Torres Miño. Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social. Universidade da Coruña.
• Rosa Cobo Bedia. Directora do Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF). Universidade da Coruña.

10:30H CONFERENCIA
Familia, coidados e traballo non remunerado en Galicia a partir das enquisas de usos do tempo. María Xosé Rodríguez Galdo. Universidade de Santiago de Compostela (USC).

11:30H CONFERENCIA
A triple presenza: articulacións en torno ao tempo, o traballo e a cidadanía. Marina Sagastizábal. Universidade do País Vasco (UPV).

12:30H PAUSA CAFÉ

13:00H CONFERENCIA
A experiencia da Rede NUST de empresas polos novos usos sociais do tempo (Concello de Barcelona). Carme Freixa. Experta en políticas públicas dos usos sociais do tempo.

14:00H PAUSA XANTAR

17:00H CONFERENCIA
Corresponsabilidade nos coidados: usos dos tempos nos permisos por nacemento en Europa. Carmen Castro García. Investigadora e especialista en políticas europeas de xénero.

18:00H OBRADOIROS DE TRABALLO SOBRE USOS DO TEMPO

19:30H CLAUSURA

A inscrición na xornada é gratuíta. Se queres inscribirte, manda un correo electrónico a usosdotempor@gmail.com indicando o teu nome e apelidos, documento de identidade, enderezo postal, teléfono e correo electrónico.

Organiza: Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF), Universidade da Coruña.
Colabora: Concellería de Igualdade e Diversidade, Concello da Coruña.