26 Abril 2019, 10:00

http://istoenormal.org/images/714.png

Xornadas de impresión tradicional

A impresión con tipos móbiles é un oficio artesanal dunha grande importancia histórica. Os pequenos obradoiros que utilizan hoxe as técnicas tradicionais afrontan a impresión desde unha nova perspectiva, unha nova forma de entender o proceso. Rendemos homenaxe á imprenta tradicional e celebramos a súa supervivencia na era dixital. EXPRESS é unha xornada para achegarmos a un oficio que ten moito que mostrar.

Obradoiro Letterpress

Obradoiro de catro horas de duración no que as persoas participantes terán ao seu dispor varias prensas tipográficas, tipos de chumbo e madeira, e vellos clixés. Veremos na práctica as cuestións principais do proceso da imprenta tipográfica: ferramentas e materiais básicos, composición, uso das prensas e limpeza unha vez rematado o traballo

Impartido por Manchea

Neste obradoiro, que será de balde, haberá 15 prazas dispoñibles e podes inscribirte premendo na ligazón:
cultura.coruna@udc.gal

Datas: venres 26 de abril de 2019.
Horario: das 10:00 a 14:00 horas.
Lugar: NORMAL, Espazo de intervención cultural

Película Los últimos

Fronte á deterioración das máquinas e o avance das novas tecnoloxías, os históricos impresores teñen que pechar os seus obradoiros. Ao mesmo tempo, un grupo de mozos descobren unha das maiores innovacións técnicas na historia: a impresión de caracteres móbiles. O último mecánico gráfico do país será o encargado de ensinarlles o oficio.

De balde até completar capacidade.

Presenta: Pablo Pivetta

Datas: venres 26 de abril de 2019.
Horario: das 16:00 a 17:30 horas.
Lugar: CUBO de NORMAL

Coloquio Imprenta tradicional hoxe

Falamos da situación actual da impresión con tipos móbiles. Contamos coa participación de varios profesionais vinculados ao oficio. A conversa permitirá coñecer a súa visión desde distintas perspectivas e contextos xeográficos (A Coruña, Madrid e Bos Aires).

De balde até completar capacidade.

Modera: Cibrán Rico
Interveñen: Tono Galán, Juanjo López, Pablo Pivetta e Laura Sánchez

Datas: venres 26 de abril de 2019.
Horario: das 17:30 a 18:30 horas.
Lugar: CUBO de NORMAL

Amplía información na páxina da Asociación Galega de Deseño