15 Maio 2019 —

http://istoenormal.org/images/716.jpg

Exposición Aralladas, de Alberte Oro Claro

O día 15 de maio presentarase o catálogo desta exposición, que pode ser visitada desde o día 8 de abril.

As esculturas son obxectos do cotiá reinterpretados para provocar, para roubar sorrisos e para brincar co absurdo. Trátase de obras que se moven entre o surrealismo e a arte conceptual: son xogos intelixentes para ultrapasar o evidente e que nada sexa o que parece.

O autor rescata obxectos cotiás en mercados de moitos países para reinventalos e darlles un novo significado, eso si, con moita retranca.

Mostra da extensa obra do escultor, médico de formación e profesor na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña.