12 Xul, 20:00
TCM/ 'Babel I', performance de Neves Seara
acción performanceBabel I é a performance coa que Neves Seara culminará a construción da súa peza para TÉ CON MADALENAS.
27 Xuñ, 20:00
TCM/ 'As que habitan a memoria', charla de Carolina Cruz Guimarey
charla conferenciaCarolina Cruz Guimarey falará sobre As que habitan a memoria, o proxecto artístico de participación cidadá que concibiu para NORMAL e da instalación resultante.
14 Xuñ, 20:00
Vertixe Sonora Ensemble en concerto
concerto música contemporáneaBaixo o titulo El Gran Cabrón e outras litografías, Vertixe Sonora Ensemble presentará un programa onde prima o diálogo entre a música escrita e a música de creación espontánea.
12 Xuñ, 18:00
Mostra de 'O ollo da Arte'
acción instalación mostraTras meses de traballo compartindo investigación e experiencias, o obradoiro O ollo da Arte pecha o curso cunha mostra dos traballos realizados polo alumnado.
12 Xuñ, 10:00
TCM/ 'Bosque, gramática do efémero', con Lula Goce
instalación obradoiro workshopObradoiro artístico de tres días destinado a estudantes ou profesionais de arquitectura, belas artes, educación artística ou historia da arte.
5 Xuñ, 20:00
TCM/ 'Atalaia (Pena Branca)', mesa redonda con Christian García Bello
arte charla mesa redondaO artista coruñés ofrecerá unha charla, xunto a Rafael Calvo Ruso e Alberto Seoane Sesar, sobre o proceso de creación de Atalaia (Pena Branca), a peza que aporta á exposición de NORMAL.
28 Mai, 20:30
TCM/ 'Niño de erros', con Paula Cabaleiro
obradoiro workshopObradoiro de creación arredor da tarefa histórica da muller como emendadora de “erros” no fogar.
22 Mai, 20:00
'Tomboy' contra a homofobia e a transfobia
proxecciónNORMAL únese coa proxección deste premiado filme de Céline Sciamma aos actos que se están a desenvolver na cidade co gallo do Día internacional contra a Homofobia e a Transfobia.
15 Mai, 18:30
TCM/ 'Oda á longánime mirada', con Laura Piñeiro
obradoiro workshopEste é un proxecto de creación colectiva aberto á colaboración de toda persoa interesada no propio quefacer artístico.
7 Mai, 12:00
TCM/ 'Memoria', con Begoña Ante + Universidade Sénior
obradoiro workshopEste obradoiro quere indagar poeticamente no recordo que os alumnos e alumnas da Universidade Sénior teñen de distintos espazos da Coruña.
