11 Abril 2014, 08:00

http://istoenormal.org/images/419.jpg

14º Encontro Europeo de Medios Comunitarios #1

Primeira xornada do 14º Encontro Europeo de Medios Comunitarios, con sesións da Xornada Europea de Redes de Medios Comunitarios e o inicio do Encontro de Medios do Terceiro Sector.

VENRES MAÑÁ

Sesión inaugural da Xornada Europea de Redes de Medios Comunitarios. O obxectivo da mesma é o intercambio de experiencias e o seguemento do traballo realizado no marco do programa europeo Leonardo.

As radios comunitarias de diferentes redes e estados europeos participan, desde 2013, dentro do Programa LEONARDO de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea para mellorar a formación e as competencias das persoas e organizacións partícipes do proxecto.

VENRES TARDE

16:00 20:00 Xornada Europea de Medios Comunitarios

18:00 a 20:00 Recepción de participantes do Encontro.

20:00 Inicio do Encontro de Medios do Terceiro Sector.

Apertura do Encuentro.

Obradoiro de presentación. Quen somos? Que facemos aquÍ? Que esperamos do encuentro?

22:00 Cea do Encontro.

Imaxes do 14º Encontro Europeo de Medios Comunitarios en NORMAL.