12 Abril 2014, 08:00

http://istoenormal.org/images/420.jpg

14º Encontro Europeo de Medios Comunitarios #2

Nesta segunda xornada do 14º Encontro Europeo de Medios Comunitarios, NORMAL acolle a asemblea anual da Rede Medios Comunitarios e numerosos obradoiros simultáneos.

SÁBADO MAÑA

Sesións paralelas:

10.00 Xornada Europea de Medios Comunitarios

Dirixida ás persoas integrantes das redes europeas de medios comunitarios

10.00 Asemblea anual da Rede Medios Comunitarios (REMC).

Dirixida ás persoas representantes dos proxectos de comunicación comunitarios que conforman a REMC. Está aberta a calquera persoa interesada.

A REMC publicará en breve a orde do día da asemblea.

14:00 Xantar.

SÁBADO TARDE

16:00- 17:00 Plenario

17:00- 20:30 Obradoiros simultáneos: (programa provisional, suxeito a cambios)

- Obradoiro de Radioficción. Dinamizan: Mónica Alonso, Bea Ulalume e Fer Liñares (CUAC FM). Este obradoiro abordará o reto de facer un programa de radioficción extraendo o mellor dos recursos creativos presentes en toda radio comunitaria.

- Obradoiro de Xénero. Dinamiza: (Comisión de Mulleres ReMC). Este obradoiro versará sobre o uso de linguaxe non sexista nos medios de comunicación e a utilización da linguaxe inclusiva como unha estratexia para a visibilización das mulleres nos medios. PENDENTE DE CONFIRMAR!

- Obradoiro de Formación. Dinamiza: Alejandro Branco (Onda Color). Se estás interesado en mellorar a formación das persoas que conforman a túa emisora (voluntariado, asociadas, etc.), este é o teu obradoiro.

- Obradoiro de Incidencia. Dinamiza: Mikel Estarrona Armentia (Tas Tas). Neste obradoiro estudaremos opcións e estratexias para conseguir unha maior incidencia social desde os medios comunitarios.

19:00- 20:30 Obradoiros simultáneos

- Obradoiro de “Trello”. Dinamiza: David Molina (RTV Cardedeu). Trello é unha aplicación gratuíta que axuda a organizar o traballo. Acabouse o preguntar: Quen está facendo que? ou Como vai isto? Utilísimo para organizar o traballo colectivo ou para producir contidos.

- Obradoiro de Facilitación. Dinamizan: Marta Casal e Maruxa Mascuñana (CUAC FM).

A facilitación ou traballo de procesos é o conxunto de habilidades, técnicas e ferramentas para crear as condicións
que permitan un desenvolvemento satisfactorio dos procesos grupais e personais.
A súa metodoloxía emprégase en diferentes áreas: desenvolvimento comunitario, capacitación en diversidade e liderazgo,
psicoterapia individual e familiar,consultoría en relacións e facilitación grupal.
Este obradoiro está pensado para presentar de xeito introdutorio en que consiste a facilitación de grupos, qué nos
pode aportar para mellorar o funcionamento dos nosos proxectos e como podemos incorporala á dinámica dos nosos
procesos grupais. A metodoloxía será teorico-práctica, combinando a exposición teórica con dinámicas participativas. – Obradoiro de Xornalismo. Dinamiza: Miriam Meda (Radio Ritmo).

A comunicación é un mundo en constante evolución, especialmente dende que os cambiós tecnolóxicos sucédense a toda velocidade. Estes cambios non so están a producir diferentes xeitos de emitir as novas e recibilas, senón que tamén están a supor un reto de comprensión e uso para as persoas, dende ás tecnófilas ás tecnófobas, pasando por unha ampla gama de grises entre medias.
O medio segue a ser a mesaxe?, qué tipo de valor engadido podemos darlle as nosas mesaxes?, cómo podemos marcar unha diferenza real cos medios convencionais?, cales sons os baleiros democráticos e de participación na sociedade que queremos encher?, realmente somos tan plurais, abertos, participativos internamente coma din os nosos eslóganes? – Obradoiro de Financiamento Europeo. Dinamiza: Sally Galiana e Agus Hernán (AMARC-Europa). Existen interesantes posibilidades de traballar en rede no ámbito europeo para o Terceiro Sector da Comunicación. Explicaranse as novas condicións e requisitos necesarios para propor un proxecto no marco do programa europeo Erasmus +.

22:30 Cea

Imaxes do 14º Encontro Europeo de Medios Comunitarios en NORMAL.