13 Abril 2014, 09:00

http://istoenormal.org/images/421.jpg

14º Encontro Europeo de Medios Comunitarios #3

Última xornada cunha nova xeira de obradoiros simultáneos, nun encontro que se pechará coa reunión do European Board de AMARC.

DOMINGO MAÑÁ

11:00 Obradoiros simultáneos (programa provisional suxeito a cambios, pois só se impartirán aqueles obradoiros que foron máis demandados polos participantes)

- Obradoiro de Radioficción. Relatores: Mónica Alonso, Bea Ulalume e Fer Liñares (CUAC FM). Este obradoiro abordará o reto de facer un programa de radioficción extraendo o mellor dos recursos humorísticos e teatrais presentes en toda radio comunitaria.

- Obradoiro de Formación. Relator: Alejandro Branco (Onda Color). Se estás interesado en mellorar a formación das persoas que conforman a túa emisora (voluntariado, asociadas, etc.), este é o teu obradoiro.

- Obradoiro de “Trello”. Relator: David Molina (RTV Cardedeu). Trello é unha aplicación gratuíta que axuda a organizar o traballo. Acabouse o preguntar Quen está a facer que? ou Como vai isto? Imprescindible nunha emisora ou para producir un programa de radio.

- Obradoiro de Facilitación. Relator: Marta Casal e Maruxa (CUAC FM). Texto que nos facilitarán mañá.

- Obradoiro de Xornalismo. Relator: Miriam Meda (Radio Ritmo). Texto que nos facilitarán mañá.

13:00 Plenario e clausura

14:00 Foto de grupo.

DOMINGO TARDE

16:00- 21:00 Reunión do European Board de AMARC

O Consello Europeo da Asociación Mundial de Radios Comunitarias (AMARC) celebrará a súa primeira reunión anual na Coruña.

AMARC agrupa a 4.000 membros e asociados en máis de 130 países. AMARC-Europa traballa activamente coas institucións da Unión Europea en distintas materias, como a alfabetización mediática, a democratización dos sistemas de medios europeos ou a protección das linguas minoritarias.

Imaxes do 14º Encontro Europeo de Medios Comunitarios en NORMAL.