30 Setembro 2014, 14:30

http://istoenormal.org/images/457.jpg

2º ANDAR/ Mesa de traballo sobre as residencias artísticas

Coordinada polo colectivo Misa de Domingas, esta mesa de traballo abre unha reflexión sobre as residencias artísticas como dispositivo de relación coa comunidade artística local.

Esta mesa de traballo nace da necesidade de reflexionar xuntas (comunidade artística e institución pública) sobre un interese común: as residencias artísticas como dispositivo de relación. Unha oportunidade para xuntar a diferentes axentes culturais do territorio para facer unha reflexión conxunta que poña en valor o concepto de residencia artística.

Misa de Domingas é un colectivo independente de reflexión, práctica e acción que reúne a persoas vinculadas á cultura e ao pensamento contemporáneo dos máis diversos ámbitos.

Entrada libre de público até completar aforo.