22 Outubro 2014, 08:00

  • Almacén
http://istoenormal.org/images/457.jpg

2ª Mesa de traballo sobre as residencias artísticas

O colectivo Misa de Domingas coordina unha segunda sesión de traballo e reflexión sobre as residencias artísticas como dispositivo de relación das institucións coa comunidade artística local.

Esta mesa de traballo nace da necesidade de reflexionar xuntas (comunidade artística e institución pública) sobre un interese común: as residencias artísticas como dispositivo de relación. Unha oportunidade para xuntar a diferentes axentes culturais do territorio para facer unha reflexión conxunta que poña en valor o concepto de residencia artística.

Misa de Domingas é un colectivo independente de reflexión, práctica e acción que reúne a persoas vinculadas á cultura e ao pensamento contemporáneo dos máis diversos ámbitos.

Entrada libre de público até completar aforo.