6 Abril 2015, 18:30

http://istoenormal.org/images/542.jpg

22º FITEUC

En abril volve o Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña.

Con programación en catro espazos da cidade (Ágora, Fórum Metropolitano, Teatro Rosalía e Teatro Colón), a 22ª edición do FITEUC ofrece a posibilidade de desfrutar do mellor teatro universitario.

Todas as funcións se celebrarán ás 20:30 horas.

6 de abril- ÁGORA
Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela: Sweeney Todd, de Christopher Bond, na versión de Roberto Salgueiro.

7 de abril – FÓRUM METROPOLITANO
Grupo de teatro NOVA da Universidade de Lisboa (Portugal): Ectasy de Irvine Welsh.

8 de abril – TEATRO ROSALÍA
1º Encontro de Danza

- D-Ou-Tras, Universidade de Vigo, Campus de Ourense: Cintas.

- Compañía de Danza da Universidade de Santiago de Compostela: Mentres tanto, un segundo.

- Aula de Danza NORMAL UDC: Paisaxes en construción.

9 de abril – TEATRO ROSALÍA
2º Encontro de Danza

- Compañía de Danza USC-Lugo: Clic.

- Mudanza de Coruña UDC: El nido.

- I+ Danza UDC: Sinfonía do Empuxe.

10 de abril – FÓRUM METROPOLITANO
Maricastaña, Universidade de Vigo (Campus de Ourense): III, dramaturxia de Fernando Dacosta a partir do Ricardo II de William Shakespeare.

14 de abril – FÓRUM METROPOLITANO
Corifeo Teatro UDC: Salas de espera, con textos de Nuria Calvo, Óscar Vergara, Laura Mariño e Dafne Míguez.

15 de abril- TEATRO COLÓN
Aula de Teatro NORMAL UDC: Augusta, de Carlos Losada.

Entrada libre ata completar capacidade das salas.
No Teatro Colón a entrada gratuíta retirarase no despacho de billetes antes da función.