6 Abril 2016, 18:30

http://istoenormal.org/images/563.jpg

23º FITEUC

Todos os anos, con abril, volve o Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña.

Con programación no Teatro Rosalía, no Teatro Colón e no Fórum Metropolitano, a 23ª edición do FITEUC ofrece a posibilidade de desfrutar do mellor teatro universitario na cidade.

Todas as funcións se celebrarán ás 20:30 horas.

Mércores 6/4 – TEATRO ROSALÍA
FITEUC DANZA 2016
Madonna, FAITE VELLA CON NÓS, por favor!. DOUTRAS, Universidade de Vigo (Campus de Ourense), con dirección de Begoña Cuquejo.

Desconexión. CAMIÑOS, compañía independente de Danza da Unversidade de Santiago de Compostela, con dirección colectiva.

Método Caldeirada. I+D, da Universidade da Coruña, con dirección de Rut Balbís.

Xoves 7/4 – TEATRO ROSALÍA
FITEUC DANZA 2016
Tras a pel. Compañía de Danza da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo), con dirección de Juan Carlos Zahera.

Sintética. MUDANZA, A Coruña, con dirección de Marta Cuba e Patricia Iglesias.

Rescate. Danza NORMAL, Universidade da Coruña, con dirección de Rut Balbís.

Mércores 13/4 – TEATRO COLÓN
Unha libra de carne. Aula de Teatro NORMAL, da Universidade da Coruña. Creación colectiva a partir de O mercader de Venecia, de William Shakespeare, baixo a dirección de Rubén Ruibal.

Martes 19/4 – FÓRUM METROPOLITANO
Cinzas, de Rodrigo García. Aula de Teatro de Santiago de Compostela, con dirección de Roberto Salgueiro.

Mércores 20/4 – FÓRUM METROPOLITANO
Demediado. MARICASTAÑA, Aula de Teatro da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), con dirección e dramaturxia de Fernando Dacosta a partir de O vizconde demediado, de Italo Calvino.

Xoves 21/4 – FÓRUM METROPOLITANO
Contos por teléfono, de Gianni Rodari. Corifeo Teatro UDC, con dirección de Laura Mariño.

Verdades a medias. Corifeo Teatro UDC, unha creación colectiva con dirección de Tania Galán Paseiro.

Entrada libre ata completar capacidade das salas.