3 Outubro 2013, 18:30

http://istoenormal.org/images/360.jpg

3D en NORMAL Concerto de Triángulo de Amor Bizarro

Como gran colofón ao 3D en NORMAL, acolleremos a presentación na cidade do novo disco de Triángulo de Amor Bizarro, nun concerto gratuíto.

Victoria mística é o título do agardadísimo terceiro traballo do cuarteto galego. Gravado na Coruña por Roberto Mallo e con mesturas do reputado produtor anxelino Manny Nieto, é unha obra visceral, exigente e honesta.

O concerto contará cun aforo limitado. As entradas son gratuítas e poderanse retirar un máximo de dúas por persoa en NORMAL o 1 e 2 de outubro, de 15:00 a 16:00 da tarde.

Triángulo de Amor Bizarro son os protagonistas dunha das carreiras máis meteóricas do panorama musical independente dos últimos anos. Desde a súa presentación en 2007, acumulan éxitos con cada novo proxecto. En 2010 a revista Rolling Stone inclúeos entre os 10 grupos imprescindibles da escena rock española. Nos Premios de la Música Independiente de 2011 acaparan 9 nominacións e acaban gañando en varias das categorías principais: : artista español, álbum do ano, mellor álbum de rock, mellor directo… Agora regresan con Víctoria mística e a acollida de público e crítica está a ser tan calorosa como sempre. Os TAB están de volta!