1 Outubro 2013, 14:00

http://istoenormal.org/images/335.jpg
Iván Casal

3D en NORMAL Escena

Primeira xornada de 3D en NORMAL, coa sucesión de varias aulas abertas e as actuacións de Teatro NORMAL, Danza NORMAL e do alumnado de O ollo da Arte.

O profesorado dos diversos cursos e obradoiros presentará a nosa oferta para este primeiro cuadrimestre en sesións abertas á participación do público durante toda a tarde.

16:00- 17:15 Antía Otero presenta O ollo da Arte.
17:15- 19:00 Rut Balbís presenta toda a actividade da Aula de Danza NORMAL.
19:00 -20:15 Rubén Ruibal dará conta da oferta da Aula de Teatro NORMAL.

Xa ás 20:30 horas comezarán as actuacións de cada grupo, no que pretende ser unha mostra dos logros acadados polo alumnado. Sairán a escena Danza NORMAL, Teatro NORMAL e o alumnado de O ollo da Arte, con diversas performances.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.