2 Outubro 2013, 14:00

http://istoenormal.org/images/265.jpg

3D en NORMAL Imaxe

Durante o segundo día de 3D en NORMAL darase a coñecer o resultado do maratón fotográfico e proxectaranse as curtas participantes na Mostra 3D NORMAL.

Entre as 16 e as 19 horas, Carlos Losada, profesor de Iniciación ao Teatro, ofrecerá unha aula aberta do seu curso, pechando a xeira de presentacións públicas da oferta formativa deste outono.

No entanto, ás 16 horas reunirase o xurado do I Maratón fotográfico UDC NORMAL para deliberar. Será ás 20:30 cando o resultado do concurso se faga público durante un acto no CUBO, no que tamén se proxectarán as pezas seleccionadas na Mostra de curtametraxes 3D en NORMAL.

Velaquí a listaxe de pezas que se proxectarán:

- Ellos, de Camelia Iglesias, Maitane López, Andrea Núñez e Nerea Rodríguez.

- Aquí contamos todos, de Camelia Iglesias, Maitane López, Andrea Núñez e Nerea Rodríguez.

- Filha das acacias, de Mariana Zitare.

- Pau preto, de Iago Corbal Ramón.

- Tango, de Lorena Terrón Pérez.

- Desconexión, de Daniela Arias Andreu.

- Tábula rasa, de Julia Pérez del Río.

- Sainete sepulto, de Ángel Manso.

- Lugares dormidos, de Camelia Iglesias, Maitane López, Andrea Núñez e Nerea Rodríguez.

- Clementina, de Rosana Piñeiro Filguera.

- Pepé, o cancodrilo, de Bruno Martínez.

- Cuarto oscuro, de Bruno Martínez.

A entrada é libre até completar a capacidade da sala.