http://istoenormal.org/images/713.jpg

25 Abr 2019, 19:30

Debuxando sons: Música para frauta soa S.XX/XXI

Recital de César Concheiro para frauta traveseira en que o intérprete combina a súa afección ao debuxo coa interpretación de obras para frauta sola. Os debuxos son tratados e proxectados na busca dunha experiencia na que o espectador reciba estímulos visuais e musicais por igual. Obras de Piazzolla, Bozza, Fukushima…

Ler máis


http://istoenormal.org/images/712.jpg

24 Abr 2019, 19:30

Conferencia: A importancia da técnica vocal nos coros.

Noelia Xusta Geada impartirá, para todas as persoas interesadas, a segunda das dúas conferencias sobre técnica vocal programadas polo director do Coro da UDC, Rupert Twine.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/711.jpg

24 Abr 2019, 19:30

Conversas coa dirección: Xurxo Lobato. Hermanos Mayo, Guerra Civil Española

O documental é un relato da Guerra Civil da axencia de fotoperiodismo Hermanos Mayo, formada polos irmáns coruñeses Julio, Cándido e Paco Souza e os casteláns Faustino e Pablo del Castillo, que traballaron para xornais de esquerdas e que tiveron que exiliarse en México.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/708.jpg

2 Abr 2019, 20:30

FITEUC 2019. Do 2 ao 25 de abril

Unha nova edición do Festival de teatro universitario da Coruña está xa aquí, con funcións en NORMAL, no Centro Cívico dos Mallos, no Teatro Jofre de Ferrol e no Teatro Rosalía Castro.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/706.jpg

27 Mar 2019, 20:00

Clausura da exposición EXIT

O vindeiro mércores clausuramos #EXIT coa presentación do catálogo, audiovisuais e a actuación do grupo Districto Dez

Ler máis


http://istoenormal.org/images/703.jpg

22 Mar 2019, 17:30

ARTencontro de pintura creativa con Gosia Trebacz

Obradoiro de balde con dez prazas para estudantes da UDC en NORMAL

Ler máis


http://istoenormal.org/images/691.jpg

20 Mar 2019, 19:30

Conversas coa dirección: Arte + Muller +Galicia. Con Rosario Sarmiento

Un achegamento ao traballo daquelas mulleres artistas cuxa obra resulta fundamental para entender o desenvolvemento da historia da arte contemporánea en Galicia. A través das biografías, as obras e fundamentalmente os testemuños destas artistas pertencentes a diferentes xeracións e ámbitos creativos.

Ler máis


http://istoenormal.org/images/707.jpg

13 Mar 2019, 17:30

+EXIT_ OBRADOIRO DE PINTURA CREATIVA DIRIXIDO POR GOSIA TREBACZ

Obradoiro con Gosia Trebacz aberto a persoas con discapacidade/diversidade

Ler máis


http://istoenormal.org/images/702.jpg

13 Mar 2019, 16:00

Finanzas para mortais. 13 e 14 de marzo en Normal

O Consello Social da Universidade da Coruña organiza os próximos 13 e 14 de marzo no edificio NORMAL, Espazo de Intervención Cultural da UDC, as xornadas formativas Finanzas para Mortais, un proxecto de educación financeira impulsado por Santander Universidades, a Fundación da Universidade de Cantabria para o Estudo e a Investigación do Sector Financeiro (UCEIF) e o Santander Financial Institute (SANFI).

Ler máis


http://istoenormal.org/images/698.jpg

2 Mar 2019, 16:45

Introdución ao Contact improvisation. Como entrar en contacto cunha jam

Aberto o prazo de pre-inscrición para este obradoiro, que será de balde, que non precisa experiencia previa e para o que haberá que inscribirse no enderezo electrónico: cultura.coruna@udc.gal enviando nome completo e DNI das persoas interesadas.

A actividade celebrarase o sábado 2 de marzo, de 17 a 20 horas na Aula de Danza de Normal, con peche de portas ás 16.45 horas.

Ler máis