5 Xuño 2015, 09:45

http://istoenormal.org/images/549.jpg

LA VIDA DE LAS TORMENTAS en residencia

Até mediados de xullo Davinia Rico, Alba Farta e Blackoza desenvolverán en NORMAL o seu proxecto colectivo La vida de las tormentas.

Davinia Rico aporta a idea e a interpretación, Alba Farta achega a idea e a arte visual e Blackoza, o grupo formado por David Carro”David lutair” e Moncho Varela “Nakome”, traballarán nas atmosferas sonoras.

La vida de las tormentas móvese entre as emocións, que en ocasións poden ser moi intensas e teñen case sempre un carácter episódico e pasaxeiro, como soen telo a maior parte de feitos que incesantemente configuran a nosa existencia.

A obra reúne diferentes universos que aparecen e desaparecen segundo as nosas emocións. Estes universos ábrense a través de portas imaxinarias, atravesando a loucura e enfrentándonos aos retos que estas nos propoñen.

La vida de las tormentas é unha obra teatral e performance con videoarte, música experimental en vivo e mesmo artes circenses. Esta inspirada no Eloxio da loucura de Erasmo de Rotterdam, en Wings of Desire de Wim Wenders e nas emocións-estados de outras persoas que os autores fan súas, dándolles vida propia.