3 Abril 2017, 20:30

A paz perpetua
escena fiteuc teatroAULA DE TEATRO DA USC. CAMPUS DE LUGO
NORMAL. ESPAZO DE INTERVENCIÓN CULTURAL
A paz perpetua, de Juan Mayorga
A paz perpetua formula o problema do “mal necesario”, a pregunta de se son xustificables a tortura e a violencia contra o outro co fin de preservar os piares da nosa sociedade, sen transgredir as regras morais que a rexen.Tres cans compiten por conseguir un colar branco que os acredite como pertencentes ao grupo antiterrorista de elite k9, para o cal serán sometidos a unha serie de probas baixo a atenta supervisión dun Ser Humano e un can veterano que exerce de instrutor. É unha aposta pola acción, a palabra e a reflexión, fronte a todo aquilo que exacerba os nosos comportamentos máis instintivos e salvaxes.
ELENCO
Ramón Ferreira
Raquel Velasco
Xulio Anllo
Pablo Fernández
Cristian Fernández
Documentación: Ramón Ferreira e Raquel Velasco
Axudante de produción: Óscar Lago
Luz e son: Alfredo Sarille e Julio Corredoira
Foto: Bruno Maez
Creacións sonoras: Carlos Díaz
Dirección e espazo: Paloma Lugilde