9 Xuño 2012, 19:46

http://istoenormal.org/images/231.jpg

A performer Sònia Gómez pasará en xullo por NORMAL.

A prestixiosa artista catalana impartirá un workshop acompañada polo seu colaborador Txalo Toloza.

Sònia Gómez é un dos valores en alza dentro do panorama de creadores contemporáneos. O seu traballo, a cabalo entre a danza e o teatro, pasa por estar entre o máis innovador e provocador do momento.

En NORMAL presentará O movemento da cámara, un obradoiro que propón un proceso de investigación sobre audiovisuais e movemento.