21 Febreiro 2014, 18:00

http://istoenormal.org/images/409.jpg

A UDC explica os Nobel

NORMAL acolle este ciclo de conferencias coas que a Universidade da Coruña pretende achegar os traballos dos gañadores dos Premios Nobel do ano 2013 ao público xeral.

Este ciclo divulgativo quere dar a coñecer de manera sinxela a obra das persoas que se fixeron merecedoras de tal mérito. Para isto contaráse coa participación de profesores e xóvenes investigadores da propia UDC, que nos achegarán ao coñecemento xerado desde a Ciencia, a Tecnoloxía, a Literatura e as Humanidades.

VENRES 21 FEBREIRO / 19h
A Química teórica e computacional: os modelos moleculares, sobre os premiados co Nobel de Química Martin Karplus, Michael Levitt e Arieh Warshel.
Relator: Josep Mª Oliva Enrich, do Instituto de Química Física Rocasolano (CSIC, Madrid).

MARTES 25 FEBREIRO / 19h
A obra de Alice Munro: a mestría na arte do relato, sobre Alice Munro, galardoada co premio Nobel de Literatura.
Relatoras: María Frías Rudolphi e Begoña Simal González, do departamento de Filoloxía Inglesa da Facultade de Filoloxía (Universidade da Coruña).
Imaxes da charla de María Frías e Begoña Simal en NORMAL

VENRES 28 FEBREIRO / 19h
A destrución das armas químicas e a OPCW, sobre o premio Nobel da Paz concedido á Organización para a prohibición das armas químicas (OPCW).
Relator: Juan Manuel Bérmudez García, do departamento de Química Fundamental da Facultade de Ciencias (Universidade da Coruña).
Imaxes da charla de Juan Manuel Bermúdez en NORMAL

VENRES 7 MARZO / 19h
Como as células organizan o seu sistema de transporte: a maquinaria que regula o tráfico de vesículas sobre o premio Nobel de Fisioloxía ou Mediciña outorgado a James E. Rothman, Randy W. Schekman e Thomas C. Südhof.
Relator: Julián Yáñez Sánchez, do departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Facultade de Ciencias (Universidade da Coruña).
Imaxes da charla de Julián Yáñez en NORMAL.

MARTES 11 MARZO / 19h
Análisis empíricos dos prezos dos activos: accións, bonos soberanos e bens inmobiliarios, sobre o premio Nobel de Economía concedido a Eugene F. Farma, Lars P. Hansen e Robert J. Shiller.
Relatores: David Peón Pose e Anxo Calvo Silvosa, do departamento de Economía Financeira e Contabilidade da Facultade de Economía e Empresa (Universidade da Coruña).
Imaxes da charla de David Peón e Anxo Calvo en NORMAL.

VENRES 14 MARZO / 19h
A orixe da masa das partículas subatómicas: a existencia do bosón de Higgs, acerca do premio Nobel de Física concedido a François Englert e Peter W. Higgs.
Relatora: Montserrat Domínguez Pérez, do departamento de Física da Facultade de Ciencias (Universidade da Coruña).
Imaxes da charla de Montserrat Domínguez en NORMAL.

A entrada a todas as conferencias do ciclo é libre até completar a capacidade da sala.