1 Decembro 2015, 17:00

http://istoenormal.org/images/558.jpg

A UDC explica os Nobel 2015

Volve a NORMAL o ciclo de conferencias coas que a Universidade da Coruña pretende achegar os traballos dos gañadores dos Premios Nobel de cada ano ao público xeral. O ciclo inclúe por primeira vez unha charla sobre os galardoados co Premio Abel, considerado o Nobel de matemáticas.

Este ciclo divulgativo quere dar a coñecer de maneira sinxela a obra das persoas que se fixeron merecedoras de tal mérito. Para isto contaráse coa participación de profesorado da propia UDC, que nos achegará ao coñecemento xerado desde a Ciencia, a Tecnoloxía, a Literatura e as Humanidades.

MARTES 1 DECEMBRO /18h
Premio Nobel de Economía 2015: Angus Deaton, pola súa análise sobre consumo, pobreza e benestar.
Relator: Andrés Faíña Medín, profesor da Facultade de Economía e Empresa.

MARTES 1 DECEMBRO /19h
Premio Nobel de Física 2015: Takaaki Kajita e Atrhur B. McDonald, polas súas investigacións sobre as oscilacións dos neutrinos.
Relator: Óscar Cabeza Gras, profesor da Facultade de Ciencias.

VENRES 11 DECEMBRO /19h
Premio Nobel de Medicina 2015: William C. Campbell e Satoshi Omura, polo seu traballo ante infeccións causadas por parásitos, e Tu Youyou, polo descobremento dunha nova terapia contra a malaria.
Relatora: Ana Arceo Túñez, doutora de Médicos Sen Fronteiras.

MARTES 15 DECEMBRO /19h
Premio Nobel da Paz 2015: Cuarteto de Diálogo Nacional de Túnez, pola sua decisiva contribución a crear unha democracia plural en Túnez.
Relator: Juan Ferreiro Galguera, profesor da Facultade de Dereito.

XOVES 17 DECEMBRO /18h
Premio Abel de Matemáticas 2015: John Nash e Louis Nirenberg, polas súas contribucións ao campo das ecuacións diferenciais parciais e as súas aplicacións á análise xeométrica. Relatores: Carlos Vázquez Cendón, profesor da Área de Matemática Aplicada, e Ignacio García Jurado, da Área de Estatística e Investigación Operativa da Facultade de Informática.

XOVES 17 DECEMBRO /19h
Premio Nobel de Química 2015: Thomas Lindahl, Paul Modrich e Aziz Sancarr, considerados os pais dos mecanismos de reparación do ADN.
Relatora: Esther Rodríguez Belmonte, profesora da Facultade de Ciencias.

A entrada a todas as conferencias do ciclo é libre até completar a capacidade da sala.