20 Febreiro 2015, 18:00

  • CUBO
http://istoenormal.org/images/534.jpg

A UDC explica os Nobel de 2014

Volve a NORMAL o ciclo de conferencias coas que especialistas da Universidade da Coruña pretenden achegar os traballos dos gañadores dos Premios Nobel do ano pasado ao público.

O ciclo está dirixido ó público en xeral e pretende dar a coñecer de maneira sinxela a obra das persoas que se foron merecedoras de tal mérito. Para isto contarase coa participación de profesores da UDC que nos achegarán ao coñecemento xerado desde os ámbitos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Literatura, a Economía e as Humanidades.

VENRES 20 FEBREIRO / 19h
Premio Nobel de Física 2014: Isamu Akasaki, Hiroshi Amano e Shuji Nakamura, polos seus avances no desenvolvemento das luces Led. Relator: Óscar Cabeza Gras, Grupo de investigación Mesturas, Departamento de Física da UDC.
Álbum de imaxes da charla de Óscar Cabeza Gras.

VENRES 27 FEBREIRO / 19h
Premio Nobel de Medicina 2014: John O´Keefe, May-Britt Moser e Eduard I. Moser, polos seus descubrimentos sobre a representación espacial no cerebro. Relator: Casto Rivadulla Fernández, do Grupo de investigación Neurocom, Departamento de Medicina da UDC..
Álbum de imaxes da charla de Casto Rivadulla.

VENRES 6 MARZO / 19h
Premio Nobel da Paz 2014: Malala Yousafzai e Kailash Satyarthi, polos seus aportes á defensa dos dereitos humanos. Relator: José Antonio Seoane, do Grupo de investigación de Filosofía, Constitución e Racionalidade da Facultade de Dereito da UDC, Director da Aula Fundación Paideia-UDC.
Álbum de imaxes da charla de José Antonio Seoane.

VENRES 13 MARZO / 19h
Premio Nobel de Literatura 2014: Patrick Modiano, pola súa obra centrada en temas como a memoria, a identidade e a culpa. Relatora: Mercedes Regueiro Diehl, do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da UDC.
Álbum de imaxes da charla de Mercedes Regueiro Diehl.

MARTES 17 MARZO / 19h
Premio Nobel de Economía 2014: Jean Tirole, polas súas investigacións sobre o poder e a regulación do mercado. Relator: J. Andrés Faíña Medín, do Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento, do Departamento de Análise Económica e Administración de Empresas da UDC.
Álbum de imaxes da charla de J.Andrés Faíña.

VENRES 27 MARZO / 19h
Premio Nobel de Química 2014: Eric Betzig, William Moerner e Stefan Hell, polo desenvolvemento de novos métodos para que os microscopios poidan ver detalles máis pequenos. Relator: Julián Yáñez Sánchez, do Grupo de investigación Neurover, do Departamento de Bioloxía Celular e Molecular da Facultade de Ciencias da UDC.
Álbum de imaxes da charla de Julián Yáñez.

Este ciclo de conferencias de carácter divulgativo sobre os traballos dos gañadores dos Premios Nobel 2014 está organizado pola Unidade de Divulgación Científica da Universidade da Coruña.

A entrada a todas as conferencias do ciclo é libre até completar a capacidade da sala.