16 Marzo 2017, 20:30

http://istoenormal.org/images/600.jpg

A última cornixa do mundo

FORUM METROPOLITANO. ENTRADA DE BALDE
AULA DE TEATRO MARICASTAÑA DA UNIVERSIDADE DE VIGO. CAMPUS DE OURENSE

Dramaturxia de Fernando Dacosta. Versión libre de Océano Mar de Alessandro Baricco

SINOPSE

Pendurada da última cornixa do mundo está a pousada Almayer, lugar mítico, lugar nos lindes da existencia, onde o tempo se transforma e transforma aos seus hóspedes.

Está suspendida sobre o mar, onde a terra acaba e o mar comeza. Un lugar que atrae desde diversos espazos e momentos a un pintor que procura pintar o mar co mar, a unha fermosísima muller que está para sandar de adulterio, un profesor que está a escribir unha enciclopedia sobre os límites da natureza, unha rapaza que quere vivir e fuxir da morte en vida e do medo, unha monxa que crea oracións únicas… A eles únese un home que le os pensamentos e que está posuído pola vinganza. Hai tres nenos que poden entrar nos soños, buscar os ollos do mar ou converterse en muller nun instante. Tamén está a sétima habitación, que nunca se abre.

Todos procuran algo ou foxen dalgo.
Escoitándoos escóitase a voz do mar.

Durante a súa estancia na pousada coñecerán o ventre do mar e enfrontaranse á verdade. E cando alguén ve a verdade, muda.

E chega o día en que se entregan aos cantos do retorno, para volver ou para perderse, depende de cada un, e xa nada voltará ser igual, porque estarán marcados.

Din que podemos estar diante duna historia de suspense, dun poema en prosa, dun conto filosófico, ou dunha novela de aventuras.

Poesía e sensualidade, humor latente, canto doce, berro sobre as ondas e os trebóns, amor profundo, odio nas entrañas, procura incesante de arte e ciencia,… silencio, non ditos… iso e moito máis ábrese diante de nós nesta obra oceánica.

REPARTO (Por orde de intervención)

MANUEL D’ANGIULLI Ditz
FANI GONZÁLEZ Ann
PACO DAZA Plasson, Correo de Langlais e Arrieiro das Ancher
SILVIA PAZO Pluche
CHELO CORTIÑAS Baronesa, Oficial 2, Doutora, Deputada
IRENE PÉREZ Elisewin
HÉCTOR MARTÍNEZ Ismael
SILVIA DOMÍNGUEZ Eloise, Correo de Langlais e Criada das Ancher
MARÍA NOVOA Dira, Correo de Langlais e Arrieira de Ismael
GAEL GALLEGO Dol
ÁLEX HERMIDA Thomas chamado Adams e Tía Adelaida
GONZALO OTERO Savigny
LINA ERRIDA Atterdel, Oficial 1, Thérése, Ane e Elisabetta Ancher
CONCHI GONZÁLEZ Langlais, Avogada, Ama e Luigia

TODOS Son as voces, o tribunal, pero sobre todo, van na balsa da Medusa

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA DO ESPECTÁCULO

Iluminación e técnicos en xira: José Manuel Bayón, Rubén Dobaño
Vestiario: Tegra
Cartel e programa: Pablo Otero
Música: Renata Codda Fons
Axudante de dirección: Marcos Vázquez
Dirección: Fernando Dacosta

A duración do espectáculo é de 95 minutos