2 Novembro 2012, 10:42

http://istoenormal.org/images/287.jpg

Aberta a inscrición nos obradoiros familiares da Escola SINSAL é NORMAL.

A Escola Sinsal é Normal ábrese aos públicos familiares para compartir con grandes e pequenos unha viaxe lúdica pola historia das músicas enlatadas e dos instrumentos para peto.

Xa pasou máis dun século dende que o ser humano escoitou por primeira vez a súa voz saíndo dun cilindro de cera. Moitas cousas pasaron dende entón, e todas elas van ser contadas no obradoiro Historia da Música Enlatada. O prazo de inscrición nesta actividade vai do 30 de outubro ao 9 de novembro, ambos incluídos.

En Música para o Peto, Ariel Ninas fará un percorrido práctico por diferentes instrumentos miúdos que caben no bolso: birimbaos, axóuxeres, harmónicas, reclamos de paxaros, cunchas, castañolas, tarrañolas… mesmo o teléfono móbil! A inscrición estará aberta até o 16 de novembro.